Sen acordo no terceiro acto de concicliación ante o SMAC para os traballadores despedidos de Cándido Hermida

Fotos da concentración sindical celebrada na  mañá desde martes 8 de xuño ás 10:30 nas portas do SMAC, na rúa Real de Ferrol, para facer pública e visible a nosa carraxe pola situación que están a atravesar os 24 compañeiros despedidos do grupo de empresas de Cándido Hermida e reiterar a nosa intención de porfiar na defensa dos dereitos da clase traballadora fronte aos abusos da patronal. 

“Non imos ficar calados e saíremos as rúas as veces que sexa preciso na defensa dos traballadores fronte aos abusos e a explotación”.

Ferrol, 8 de xuño.- Sen acordo no terceiro acto de conciliación diante do SMAC para os 24 traballadores despedidos no grupo de empresa de Cándido Hermida, que conta, entre a súa carteira de clientes, co grupo Inditex.

A de hoxe foi a terceira citación ante o Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) que se pecha sen ningún tipo de acordo, pola evidente falta de vontade e a actitude que está a adoptar a empresa desde o inicio deste conflito laboral que, como , se remonta ao mes de abril cos despedimentos de 23 compañeiros e unha compañeira.

‘Diante do que está a acontecer, todos estes despedimentos e recortes e o empeoramento das condicións de traballo, de saúde e seguridade na empresa, non imos ficar calados e sairemos as rúas cantas veces sexa preciso na defensa dos nosos dereitos e do que é xusto ante unha empresa que obtivo grandes beneficios co noso suor’, denuncia Alex Bello, responsable comarcal da Federación do Hábitat de CCOO.

Por último, indicar que acudiremos novamente ao SMAC na vindeira semana e faremos públicas ante a cidadanía as nosas demandas, como representantes sindicais de CCOO, CIG e UGT na defensa dos dereitos dos traballadores e da traballadora que foron despedidos.

CCOO

About ELCOMUNISTA.NET (76405 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: