A CIG loita en Mercadona contra os abusos e esixindo un traballo digno e con dereitos

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS EN MERCADONA NO MES DE XUÑO:

Dende a sección sindical da CIG de Mercadona na Provincia de A Coruña comezamos cunha campaña de MANIFESTACIÓNS porque TEÑEN QUE MORRER OS ABUSOS DE PODER. 

Vendemos a nosa forza se traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde fisica e mental, nin as nosas vidas están en venta. Eso é algo que Mercadona non entende. 

Dende a CIG vimos denunciando que en Mercadona seguimos padecendo nalgunhas tendas desta suposta compañía modelica comportamentos que atentan contra a dignidade das traballadoras e traballadores.
Comportamentos que Mercadona obvia, consinte e encubre comportamentos e que son humana e laboralmente intolerabeis.

No mes de Xuño a CIG dará resposta a represión coas seguintes mobilizacións:

• Venres    18/06/21 diante do MERCADONA de Betanzos
• Mércores 23/06/21 diante do MERCADONA de Avda.  de  Oza –A Coruña
• Luns 28/06/21 diante do MERCADONA do Outlet de Culleredo

Todas estas MOBILIZACIÓNS serán ás 12:30 horas.

Facemos un chamamento as traballadoras e traballadores para que loiten a o noso lado para defender o dereito a traballar con dignidade. 

Facemos un chamamento a cidadania a participar nas manifestacións en Mercadona, porque a loita pola dignidade da clase traballadora e de todas e todos. 

Agora máis que nunca: SERVIZOS ESENCIAIS, NIN UN PASO ATRÁS !!

Sección Sindical da CIG en Mercadona

About ELCOMUNISTA.NET (76223 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: