A CIG movilizase mañá día 18 de Xuño no MERCADONA de Betanzos as 12:30

A CIG continua a loita en Mercadona contra os abusos e esixindo un traballo digno e con dereitos.

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS EN MERCADONA NO MES DE XUÑO:

Dende a sección sindical da CIG de Mercadona na Provincia de A Coruña comezamos cunha campaña de MANIFESTACIÓNS porque TEÑEN QUE MORRER OS ABUSOS DE PODER.

Vendemos a nosa forza de traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde fisica e mental, nin as nosas vidas están en venta. Eso é algo que Mercadona non entende.

Dende a CIG vimos denunciando que en Mercadona seguimos padecendo nalgunhas tendas desta suposta compañía modelica comportamentos que atentan contra a dignidade das traballadoras e traballadores.

Comportamentos que Mercadona obvia, consinte e encubre comportamentos e que son humana e laboralmente intolerabeis.

No mes de Xuño a CIG dará resposta a represión coas seguintes mobilizacións:

• Venres    18/06/21 diante do MERCADONA de Betanzos

• Mércores 23/06/21 diante do MERCADONA de Avda.  de  Oza –A Coruña

• Luns 28/06/21 diante do MERCADONA do Outlet de Culleredo

Todas estas MOBILIZACIÓNS serán ás 12:30 horas.

Facemos un chamamento as traballadoras e traballadores para que loiten a o noso lado para defender o dereito a traballar con dignidade.

Facemos un chamamento a cidadania a participar nas manifestacións en Mercadona, porque a loita pola dignidade da clase traballadora e de todas e todos.

Agora máis que nunca: SERVIZOS ESENCIAIS, NIN UN PASO ATRÁS !!

Sección Sindical da CIG en Mercadona

Telefono de contacto 619488761 (André Abeledo, delegado da CIG en Mercadona na Provincia da Coruña).

About ELCOMUNISTA.NET (77656 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: