Concentración no Mercadona de Betanzos en defensa das traballadoras e contra a política de medo e represión.

Hoxe 18 de Xuño decenas de compañeiras e compañeiros da CIG concentraronse diante do Mercadona de Betanzos para esixir respeto para as traballadoras e traballadores de Mercadona.

Esta multinacional di ser modelica pero a diario pisotea a dignidade e os dereitos dos seus empregados.
Hoxe coma onten a clase obreira ten máis fame de dignidade que de pan.

Parece mentira que en pleno século XXI nos esteamos movilizando para esixir respeto e dignidade, pero así  é. 

As traballadoras e traballadores vendemos a nosa forza de traballo. Pero non teñen prezo: nin a nosa dignidade, nin as nosas vidas, nin a nosa saúde fisica e mental.

Sección Sindical da CIG en Mercadona 

About ELCOMUNISTA.NET (81280 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: