O próximo luns 28 de xuño a CIG volve a mobilización en Mercadona

Nesta ocasión a protesta trasládase ao MERCADONA situado no OUTLET DE CULLEREDO ás 12:30. 

Baixo o lema «TEÑEN QUE MORRER OS ABUSOS DE PODER» nesta empresa que presume de modélica!!

Facemos un chamamento a cidadania a apoiar a campaña de protestas na Provincia de A Coruña para defender o dereito a traballar con dignidade.

Dende a sección sindical da CIG esiximos o cese dos comportamentos irrespectuosos co persoal e condicións de traballo dignas.

A sección sindical da CIG en Mercadona ten convocado un calendario de mobilizacións na Provincia de A Coruña para denunciar os abusos de poder, a política de medo e represión e para esixir un traballo digno no que se respecten os dereitos laborais. 

Con estas accións queremos pór a atención nos compartamentos que se están a detectar nalgunhas tendas da provincia por parte dos mandos «que atentan contra a dignidade das traballadoras e dos traballadores».

«Parece mentira que en pleno século XXI nos teñamos que mobilizar para esixir respecto e dignidade, pero así  é. Vendemos a nosa forza se traballo, nin a nosa dignidade, nin a nosa saúde fisica e mental, nin as nosas vidas están en venta. Iso é algo que Mercadona non entende», como ben dixo o noso compañeiro André Abeledo, delegado da CIG no comité provincial da Coruña, como voceiro nesta ocasión das compañeiras e compañeiros da Sección Sindical da CIG na Provincia de A Coruña. 

Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña 

About ELCOMUNISTA.NET (77623 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: