Continúa a campaña de mobilizacións da CIG na Provincia de A Coruña

Dende a Sección Sindical da CIG vemonos na obriga de dar resposta na rúa a  política de medo e represión de Mercadona.

Nesta vez foi en Culleredo, como antes en Betanzos ou Oza.

Baixo o lema de que «os abusos de poder teñen que morrer», dende a CIG poñemos branco sobre negro a realidade do que supón traballar en Mercadona.

Preocúpanos ver como os traballadores e traballadoras terminan normalizando comportamentos e actitudes dos seus superiores que van máis alá dunha relación laboral, e terminan por afectar gravemente a súa saúde fisica e mental.

Preocúpanos unha carga de traballo que é excesiva, pero tamén a presión a nivel psicolóxico que co tempo deriva en consecuencias sobre a saúde das traballadoras e traballadores.

Denunciamos nesta campaña de mobilizacións que a fama de Mercadona como empresa modélica, e de exemplo a seguir por outras empresas, é algo sustentado só sobre o papel, porque na práctica é máis ben exemplo do que non debería ser unha empresa.

Poñemos sobre a mesa a realidade dunha empresa con beneficios millonarios que non debería precisar levar aos seus traballadores ó límite, pero que na práctica o fai como sistema, buscando crear un clima de medo e indefensión que en moitos casos termina por ser irrespirable e insoportable.

Nestes días estamos a recibir mensaxes de apoio e tamén testemuñas de traballadores e extraballadores de Mercadona de todo o Estado español que nos informan que o que pasa na Provincia de A Coruña non é unha excepción. A diferenza é que en A Coruña está a CIG defendendo os dereitos e os intereses das traballadoras e traballadores, mentres no resto do Estado atópanse orfos de sindicalismo, cando non vendidos.

Como mostra un convenio asinado en Valencia por CCOO e UXT a medida dos intereses da empresa, cunha redacción que deixa aos traballadores practicamente indefensos, e con puntos que atentan contra a conciliación familiar e o dereito básico a enfermar, ou con trampas como unha mal chamada prima de beneficios que non é tal, e funciona como o «pao e a cenoura» da que xa falou John Ford, e se baséase nun examen ou valoración dos traballadores tan subxectiva como inxusta e que na práctica serve como ferramenta de castigo a aqueles traballadores que se atreven a esixir os seus dereitos.

Dende a Cig Mercadona  seguiremos traballando e movilizandonos ata conseguir respeto, dignidade e dereitos, algo ao que xamais imos renunciar.

Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.

About ELCOMUNISTA.NET (81113 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: