Non queremos un parque eólico na porta da casa. De un veciño de Anca (NEDA)

Son veciño de Anca e non vou a permitir que os intereses económicos arruinen a miña terra e supoñan hipitecar o futuro dos meus fillos.

Fai días que me enterei que vanme poñer un xigantesco muíño eólico ó lado da casa, un muíño a menos de 300 metros da casa da miña irmá.

Unha ilegalidade de saída, porque a lei marca que a distancia mínima, xa só por motivos de saúde son 500 metros, outras 20 vivendas están na mesmas situación que a casa da miña irmá.

Ademáis do demostrado impacto sobre a saúde, ou o ruído, está tamén o impacto sobre o valor patrimonial das vivendas e dos terreos, o impacto medioambiental sobre a fauna, e o brutal impacto paisaxístico.

Por esto e moito máis, como veciño de Anca, estou disposto a defender a miña terra, os meus dereitos como veciño, e tamén o futuro da miña parroquia e do meu concello.

Porque os meus fillos teñen tamén dereito a herdar unha terra a que aman tanto como eu.

É importante que os veciños fagamos alegacións a este mega proxecto que unha vez máis non pensa na vida dos veciños do rural, e tan so esta a pensar no beneficio económico.

BAIXO O LEMA «NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO CAAVEIRO» reunimonos uns 300 veciños/as que acudimos a palestra de Ana Martina.

Unha palestra organizada polas AAVV de Anca, O Roxal, Viladonelle, Ancos, xunto con PETON DO LOBO na pista de Anca.

Ditas AAVV promoven a creación da «Plataforma veciñal NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO» para loitar contra este mega proxecto  que ameaza con destruir a nosa forma de vida, o noso presente e o noso futuro.

Sen dúbida precisamos de ser solidarios, esto é unha loita de todas e todos, debemos esixir aos gobernos municipais que poñan os medios, que se poñan diante, que fagan un esforzo, que recuperen o tempo perdido.

O compromiso do Concello de Neda na boca do Alcade de poñerse ó frente desta loita é sen dúbida unha boa noticia, non podía ser menos, toca defender os intereses da veciñanza.

O comenzó necesario da loita son as alegacións….despois a loita vai seguir, será longa, e sobre todo é unha loita de todos.

O pobo é quen máis ordena!

André Abeledo Fernández 

About ELCOMUNISTA.NET (77751 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: