A dor allea non nos debe ser indiferente
Vivimos tempos de salvaxe dictadura do capital, de hexemonía do Neoliberalismo no que cada día se concentra máis e máis a riqueza , os privilexios e o poder nas mans dunha minoría privilexiada a costa do recorte dos dereitos, da dignidade, dos salarios da clase traballadora e das maiorías sociais e todo isto é debido a decisións políticas tomadas por organizacións políticas e por gobernos actúan como esbirros e lacaios e como o brazo executor das políticas neoliberais e de salvaxes recortes dictadas o servizo das élites económicas e financieiras e das grandes trasnacionais.
De Celso Posada Fernández*
Ante isto e ante o perigoso e preocupante avance da ultradereita e o fascismo tanto no estado español, como na Europa e no mundo toca organizarse social, sindical e políticamente, dar a batalla cultural e ideolóxica dende unha pedagoxía democrática e antifascista, crear comunidade e moverse polos principios e valores do apoio mutuo, da solidariedade internacionalista, pola empatía e pola colectividade construída dende abaixo e de forma transversal e democrática.
Hai que dar unha resposta política e loitar fronte os valores neoliberais como son: o individualismo salvaxe, o consumismo exacervado de bens innecesarios e a competitividade extrema e de fomentar valores como son : os do compañerismo, a igualdade, a solidariedade, a colectividade e loita polo ben común e pola defensa do público, da democracia e das liberdades tanto colectivas como individuais.
Non hai democracia cando a riqueza e o poder están concentrados nunha plutocracia que vive a todo luxo a costa do recorte de dereitos, dos salarios, da dignidade e da liberdade da clase traballadora e das maiorías sociais.
Toca pasar a acción política e o compromiso social e político que a cidadanía e a sociedade civil se organicen en todos os ámbitos( socialis, políticos, culturais, veciñais, sindicais, estudantís ) tanto dende os movimentos sociais, como nas asociacións culturais, veciñais, no movemento ecoloxista, feminista, nos sindicatos de clase, nas plataformas na defensa da sanidade e do ensino público, na defensa das pensións e dos servizos públicos, nas PAHS e Stop Desafiuzamentos , nos centros sociais , nas radios libres e comunitarias, nas organizacións políticas de esquerdas.
Son tempos nos que as nosas liberdades e os nosos dereitos están seriamente ameazados pola ultradereita e por organizacións políticas racistas, machistas, clasistas, fascistas, lgtbifóbicas que enfrentan o último co penúltimo pra defender os privilexios dos seus amos a élites económicas.
Non deixemos que a resignación, a apatía, o medo, a represión nos desmovilicen e nos hagan persoas egoístas, individualistas e alleas o sufrimento, a dor e as inxustizas alleas xa que nos afectan directamente tamén a nós mesm@s xa que MORREMOS CANDO GARDAMOS SILENCIO FORNTE AS INXUSTIZAS.
ANTE ELAS EMPATÍA, SOLIDARIEDADE, COLECTIVIDADE, COMUNIDADE, APOIO MUTUO, LOITA, ORGANIZACIÓN E MOBILIZACIÓN COLECTIVA.
*Ferrol. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola UDC e Activista Social.

Deja un comentario