Queremos galego

Neste 17 de Maio DÍa das Letras Galegas voltamos de novo a saír as rúas moitas cidades, vilas e pobos do noso país Galiza e sobretodo as rúas de Santiago de Compostela  pra participar nunha grande  Manifestación convocada  pola plataforma social Queremos Galego  con saída as 12:00 da Alameda.

De Celso Posada Fernández*

A Plataforma Queremos Galego é unha plaforma  cidadá, conformada por máis de 500 entidades sociais e culturais do país así como  por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da língua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

Voltamos de novo a saír as rúas de Galiza pra dicir que queremos vivir os 365 días do ano en galego,  pra denunciar o ataque e agresión  constante do goberno da Xunta de Galicia do PP a nosa língua e porque cremos que  un novo futuro é  posíbel e necesario pra nosa língua.  

A língua galega une e  é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza.

Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as miles de persoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a língua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego ; ou como tamén demostran os concellos de todas as cores que se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.

Porén, toda esta mobilización colectiva precisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoveren e garantiren a posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como língua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; a súa dispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe. Precisamos xa un goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.

Como dicía o escritor , intelectual galego Castelao : Se aínda somos galeg@s é por obra e gracia do idioma.

*Diplomado en Maxisterio de educación primaria pola UDC activista social en defensa da língua galega.

About ELCOMUNISTA.NET (87183 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: