Na defensa da sanidade pública

Hoxe é máis necesario que nunca defender os nosos dereitos e seguir na loita na defensa da Sanidade Pública. Dende a Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA facemos un chamamento a toda a cidadanía , plataformas a seguir con todas as mobilizacións en toda Galiza neste verán e a denunciar todos os recortes e privatizacións que siguen desenvolvendo dende o goberno  e a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia do PP.

De Celso Posada Fernández*

**Diplomado en Maxisterio de educación primaria pola UDC activista social en defensa da língua galega.

 Aos problemas de falta de recursos, de consultas telefónicas en lugar de presenciais, de listas de espera que superan a semana ou os quince días, ao peche de centros rurais e PAC de urxencias, súmase agora unha diminución do persoal sanitario por baixas laborais, vacacións estivais ou incremento de poboación por turismo, que poden duplicar ou triplicar o número de persoas, en moitos concellos.

 A resposta nefasta da Xunta e o SERGAS, é proporcionar vivenda ao persoal médico en diferentes concellos, rexeitar aos pacientes que veñen doutros municipios ou pechar mesmo máis urxencias-PAC.

 Durante meses, a poboación e as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública, convocamos mobilizacións cada vez máis numerosas, moitas delas con apoio municipal, sen que o SERGAS se  digne contestar e onde o Conselleiro négase a reunirse con estas entidades; as mobilizacións permanecerán e acrecentaranse ata conseguir os obxetivos de mellora do Sistema Sanitario Público Galego.

 E intolerable o desmantelamento da Atención Primaria, as limitacións de acceso aos Centros de Saúde ou a deterioración sanitaria do sistema público. O último despropósito é non poder derivar aos pacientes directamente aos especialistas (temos unha lista de espera para entrar na lista de espera…).

 Debido a precariedade do Sistema Sanitario, moita xente contrata seguros ou recorre á privada pero está non é a solución, dado que boa parte destes seguros, son lixo, non garanten a atención cando se necesita, especialmente a máis grave e importante para a saúde.

 A política neoliberal do PP defende a distribución de bens e servizos por medio de empresas privadas. Convertendo neste caso a sanidade nunha mercadoría máis . Un servizo polo que empresas privadas poden obter suntuosos beneficios a costa da saúde publica, encamiñándonos a un sistema no que ter acceso a sanidade so quen a poida pagar. Desde SOS Sanidade Publica avogamos por unha sanidade publica de calidade e universalmente accesible.

Desde as Plataformas SOS Sanidade Pública de Galicia, non podemos nin queremos aceptar resignadamente esta situación, nin tolerar o desmantelamento do noso Sistema Sanitario Público, por unha administración sanitaria do PP, incapaz e en mans de grupos de presión privada.

Este verán non debe ser a “tumba” da Atención Primaria, senón o inicio da súa recuperación.

Organicemos novas e potentes mobilizacións alí onde a situación o requira.

A Sanidade Pública NON se Vende Deféndese.

About ELCOMUNISTA.NET (87179 Articles)
Síguenos en Twitter @elcomunistanet Síguenos en Facebook grupo: el comunista prensa roja mundo hispano Nuestro e mail: elcomunistaprensa@yahoo.com
A %d blogueros les gusta esto: